Coñécenos


O noso equipo dache a benvida


Dezaseis anos despois de que o Barrilete abrise as súas portas, no ano 2015 decidímonos a dar o paso e iniciar un novo proxecto, tamén en Foz: o restaurante Racimo. Dende entón ofrecemos a todas as persoas que visitan o noso establecemento unha gran variedade de produtos dentro e fóra da Carta, así como as máis de 150 referencias que se atopan nas nosas adegas climatizadas.

Sabemos que a contorna no que nos atopamos pon ao noso alcance grandes posibilidades, e tratamos de reflectir esta realidade no noso traballo diario, tanto na elaboración dos nosos pratos como no servizo que ofrecemos.

O noso equipo está formado por persoas con ampla experiencia no mundo da gastronomía e a hostalería, e para todos nós a calidade, o sabor, a elaboración coidada e o bo servizo son prioridades.

Fachada | Racimo Restaurante

Agardámoste