Pizzería Barrilete, outra forma de gozar

Pizzería Barrilete Foz | Racimo RestauranteO restaurante, vinoteca, cervecería e pizzería Barrilete é a mellor opción para eses días nos que apetece algo rápido e informal, ou simplemente tomarse unhas cañas nun dos locais de máis éxito de Foz. Situada xusto en fronte do RAcimo (Illa Nova, 17), moi preto da praia, ofrece aos seus clientes as súas famosas pizzas e unha amplia variedade de racións, peixes e carnes, eso si, sen renunciar á calidade no produto e no servizo.

Nesta páxina de Facebook podes ver algunhas das fotos compartidas polos/as propios/as clientes/as do local. Se queres reservar unha mesa no Barri ou encargar unha pizza para levar, chama ao teléfono 982 13 36 36 e cóntanos que che apetece.

Un día en Foz: 4 cousas que facer

Foz, entorno | Racimo RestauranteO noso establecemento está situado en Foz, un pobo mariñeiro da Mariña de Lugo, a poucos quilómetros da fronteira con Asturias e bañado tamén polo mar Cantábrico. Foz é un lugar no que se pode gozar tanto da tranquilidade das semanas de inverno como do animado ambiente turístico na época estival, así como de festas e eventos salpicados durante todo o ano. Neste artigo queremos contarche 4 cousas que podes facer se tes un día por diante para gozar do noso pobo:

1. ¡Desfruta da praia! Son de area branca e fina e de fácil acceso, e moitas delas contan con Bandeira Azul. Tanto se hai bo día coma se refresca, merece a pena achegarse a algunha de as 9 praias xa sexa a pasear, relaxarse un intre ou tomar un baño e gozar do sol.

2. Pasea pola costa: Notar a area entre os dedos dos pés é impagable, pero a costa de Foz tamén se pode contemplar dende arriba: tanto camiñando polo paseo marítimo como percorréndoa en coche. Ademais, á beira dunha das praias, a Arealonga de Fazouro, está o único castro da zona: foi declarado BIC e data entre os séculos I e III d.C. Atópase nun marco incomparable e é unha visita obrigada.

3. Achégate á natureza: A vila de Foz non só é coñecida polas súas praias senón tamén por unha preciosa paisaxe de interior; parroquias como Vilaronte, Santa Cecilia ou San Martiño son a contorna perfecta para perderse a gozar da natureza. Nesta última parroquia, ademais, atópase o monumento máis emblemático de Foz: a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, templo que data do século XIV ao XVI (entre o Románico e o Renacemento) e no cal, recentemente, se atoparon pinturas do século XII. Tamén no interior atópase a montaña A Frouxeira, de 429 metros, na que verás restos arqueolóxicos do que foi a Fortaleza do Mariscal Pardo de Cela. Dende esta montaña pódense contemplar unhas impresionantes vistas.

4. Para rematar… ¡toma unha caña e cea con nós! Despois dun día de turismo, non hai nada como gozar dunha caña con tapiña no Barrilete e unha cea en Racimo Restaurante. Apetéceche? Chama ao 982 885 789 e reservaremos unha mesa para ti.